Menu Xerais

Un luxo: «A miña primeira Rosalía», un libro-disco para escoitar e aprender. Anotación en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, é unha das novidades desta tempada.

 

 

A miña primeira Rosalía é un libro disco que continúa a estela daquel outro, O primeiro Celso Emilio, que Xerais fixera público o ano pasado.
Da autoría de Xosé e Xiana Lastra, o libro consta dunha biografía e unha antoloxía poética, así como dun CD no que se recollen unha ducia de poemas musicados, interpretados por Mini e Mero, Xiana Lastra e María Manuela, que tamén é autora das ilustracións.
Sempre é un luxo ver o que pon en marcha este grupo de artistas e promotores da música e cultura galega, sen esquecer que a mirada de Lastra ten, sempre, un obxectivo comprometido coa didáctica.
Grazas por esta nova entrega!

Comentarios pechados