Menu Xerais

Un ’outsider’ da nosa cultura: o libro «Amada liberdade», de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, será presentado na RAG

O Diario de Ferrol publicou unha reportaxe sobre Amada liberdade, o libro de memorias do intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, que o vindeiro día 24 de maio será presentado na Real Academia Galega pola súa viúva, Teresa Barro, polo presidente da institución, Xesús Alonso Montero e polo editor Manuel Bragado.

 

A Real Academia Galega presenta o día 24 as memorias de Fernando Pérez-Barreiro

No acto participan Xesús Alonso Monteroe a viúva do escritor ferrolán, Teresa Barro

Consciente da súa dimensión e importancia histórica, o próximo 24 de maio a Real Academia Galega acollerá a presentación oficial de “Amada liberdade” (Edicións Xerais), as memorias do intelectual ferrolán Fernando Pérez-Barreiro. 0 acto, que se celebrará ás 20.00 horas na sede da RAG, na rúa Tabernas da Coruña, é aberto ao público e contará coa presenza do presidente da entidade, Xesús Alonso Montero; o editor Manuel Bragado e a viúva e coautora do volume, Teresa Barro.

Da importancia de ’Amada liberdade” rala o propio Bragado: “Creo que é o libro de ensaio, o traballo memorialístico máis importante que ternos publicado na nosa editorial nos últimos anos. É unha obra crítica e desmitificadora que, ademais recupera a unha figura non tanto esquecida como inxustamente relegada, probablemente por vivir durante moitos anos en Inglaterra. O libro ademais aporta materia de reflexión sobre a nosa historia desde un punto de vista racional, cunha alta dose de análise, algo que ás veces nos fai falta. Se a figura de Pérez-Barreiro non é máis coñecida é polo seu carácter de ’outsider’ da nosa cultura”.

Desde a súa saída a comezos deste ano “Amada liberdade” foi saudada como un traballo referencial sobre a historia recente de Galicia na que non falta a crítica. As memorias, nas que Pérez Barreirio narra a sfia biografía en Ferrol, Viveiro, Santiago e Londres, complétanse dentro do mesmo volume con “A vida xuntos”, o punto de vista da súa muller, a escritora Teresa Barro.

Comentarios pechados