Menu Xerais

Un texto moi orixinal: «Cadeas», de Xabier López López. Artigo de X. C. Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo do suplemento Culturas de La Voz de Galicia sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.

 

Cadeas, de Xabier López, é un exemplo notorio e notable deste tipo de narracións cosidas. A novela ganou o Xerais 2013, e parécenos un collage atractivo e voluntariamente esteticista. Hai ambición por amosar modos e maneiras narrativas (esas que non se aprenden nos obradoiros de literatura), máis alá do virtuosismo que o autor queira ratificar como propio. É unha novela complexa, aínda que non complicada, que pide unha segunda lectura. Novela divertida: porque o lector pode descansar e gozar, alternando tempos e espazos, en formas literarias diversas. Unhas próximas ao guión cinematográfico e outras, as máis, consideradas como relatos independentes. Velaquí o defecto da novela, en ocasións produce un sesgo desorientador para quen a le.
Pero ninguén dixo que as novelas deban orientar nada. E, como ben sabemos, son caixóns de Pandora ou teas de Penélope que crecen e decrecen por motivos máxicos.
Cadeas é un texto orixinal, moito. Metaliterario. E, por razóns que excuso explicitar, goza do meu afecto

Comentarios pechados