Menu Xerais

Un título acaído para estes días de confinamento: «Cociñando con Bolboretas no bandullo», de Diana Fernández e David Díaz. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Cociñando con Bolboretas no bandullo, de Diana Fernández e David Díaz, con ilustracións de Iván Rodríguez. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeño Merlín.

 

 

Cociñando con Bolboretas no bandullo, de Diana Fernández e David Díaz

Se un título é acaído para estes días de confinamento é este que nos propuxo Xerais hai xa un tempo: Cociñando con bolboretas no bandullo de  Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz. É bo tempo para cociñar en familia e para divertirse mentres se fai, e isto é precisamente o que este libro propón: a diversión na cociña acompañada de poesía ou relato. Mesmo inclue códigos QR para seguir as receitas no seu canle de Youtube. Ou sexa, que non lle falta detalle.

Eu é que odio cociñar, pero aínda así, mentres o ollaba, sentía ata ganas de me meter a facer lambetadas, que ao final é o que máis me gusta… non sei por que, nestas épocas é o que me apetece!

 

Deixa un comentario!