Menu Xerais

Un título para xente nova con elementos que espertarán o interese da rapazada: «O Chispas», de Manuel Rivas. Recomendación do blog «Rede Lectura»

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro: O Chispas, de Manuel Rivas, con ilustracións de Sonia García Vidal, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros.

 

«O Chispas», de Manuel Rivas

 

A colección Sopa de Libros, de Edicións Xerais, engade un novo título para lectores expertos, un tramo do lectorado novo que cómpre atender con xeito nas bibliotecas escolares e desde a mediación. O CHISPAS é o último título do escritor Manuel Rivas para xente nova e, abofé que xoga con elementos que poden espertar o interese da rapazada: a música, un ser singular, o poder das palabras, as modas, os mundos paralelos, os robots, o amor… Atraínte ese protagonista que pode levar tras de si ás lectoras e aos lectores, cabalgando na súa Montesa, coa guitarra ao lombo(atractivo personaxe para os varóns, ese grupo de risco lector). Pero a historia é moito máis, pois O Chispas garda algúns segredos, entre eles a da Fonte da Fala, de Estrelampo, a aldea na que naceu, ou o porqué do seu tic espectacular. As ilustracións son de Sonia García, quen ten traballado, entre outros ámbitos, en ilustración científica.
Non está sobrada a LIX galega de textos que conectan coa ciencia ficción pero O Chispas pode ser unha invitación adentrarse no xénero, en contextos de clubs de lectura ou, simplemente na busca individual do lector e da lectora.

 

Comentarios pechados