Menu Xerais

Un verán cheo de libros

O verán foi moi activo para os libros de Xerais. Ao nacemento da conta de Twitter Xerais Ebook, nacida para dar conta específica da nosa puxante edición dixital sumáronse a presentación no Festigal dos libros Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto55 de Xavier Queipo (e mais a sinatura de libros por parte de varios autores e autoras) así como a actividade nas diversas Feiras do Libro de Galicia, como a de Rianxo, que acolleu A alternativa está aquí de María Reimóndez; a de Viveiro, na que se presentaron Contos do mar de Irlanda  e A voz do vento de Pemón Bouzas; ou a de Monforte, na que repetiu Xurxo Souto e se presentou tamén Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira.

A maiores, Xerais organizou presentacións estivais en Noia (Xurxo Souto), Sanxenxo ( Pemón Bouzas) e Bueu (Alfredo Conde),  e ten previstos dous actos na Feira do Libro de Foz para os días 28 e 29 de agosto coas presenzas de Xurxo Souto e Ramón Vilar Landeira.

Mención á parte merece a Feira do Libro da Coruña, cuxa crónica foi recollida no blog de Manuel Bragado, director de Xerais. Foron catro intensos días ateigados de presentacións de libros de Xerais nas que participaron Agustín Fernández Paz  (A viaxe de Gagarin); Rosa Aneiros, que presentaba a súa triloxía Ámote Leo A; María Reimóndez, co seu ensaio políticoA alternativa xa está aquí; Pemón Bouzas, que deu a coñecer A voz do vento; Xurxo Souto, cos seus Contos do mar de Irlanda; Xesús Alonso Montero, cun acto sobre Pedro Petouto. Cavilacións dun mestre de aldea; Carlos Negro, que presentou o seu poemario Penúltimas tendencias; Carlos G. Reigosa, que daba a coñecer o seu primeiro libro de poemas Kid Salvaxe; Alfredo Conde, coa súa novela Chovida do ceo; e finalmente Ramón Vilar Landeira cun libro que se converteu na revelación da tempada:Os televisores estrábicos Pódese seguir a crónica completa de cada un dos actos en Brétemas: crónica 1, crónica 2, crónica 3 e crónica 4.

 

 

Comentarios pechados