Menu Xerais

Unha aventura entrañable, cálida e misteriosa: «Muriel», de María Canosa. Tertulia no Club de Lectura de Radiofusión

Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.

 

A Muriel custáballe prender o sono

A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.

Comentarios pechados