Menu Xerais

Unha boa achega para o mundo do cómic na nosa lingua: «A media hora dos heroes» e «Campións do mundo», de El Hematocrítico. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre os libros: A media hora dos heroes, e Campións do mundo, de El Hematocrítico, publicados por Xerais.

 

A media hora dos heroes, e Campións do mundo, de El Hematocrítico

 

Como cada publicación de El Hematocrítico, un acerto. Agora temos estes dous en galego, coa colaboración de Albert Monteys, publicados por Xerais: A media hora dos heroes e Campións do mundo.

En formato cómic (creo que por vez primeira) en colaboración con Albert Monteys, ambos libros sitúanse nesa hora de lecer do colexio, onde o autor sitúase novamente con toda liberdade e coñecemento cheo de humor nas mentes infantís, ben para “recuperar” un fanático do fútbol ou para xogar ás agachadas cun campión ben entrado en anos (lembremos os “Guinnes”).

Unha boa achega para o mundo do cómic na nosa lingua.

Comentarios pechados