Menu Xerais

Unha comedia para non deixar de rir: «Unha rosa é unha rosa» de Suso de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publica unha anotación sobre Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro.

 

Unha rosa é unha rosa

Por motivos laborais volvín a esta lectura que tiña medio esquecida de Suso de Toro publicada por Xerais: Unha rosa é unha rosa é unha obra de teatro do ano 1997 que non permite aparcar o sorriso un só momento. E ese é o seu maior logro: baixo o subtítulo “Unha comedia de medo” o que topamos é o medo a escachar coa risa. O outro mérito desta obra teatral é que por ela non pasan os anos: envellece tan ben que semella que vén de escribirse este mesmo ano que vén de rematar, xa que é unha parodia da ambición que a nosa sociedade sofre e da que semella non conseguirá saír. Quizais o que resulte máis afastado ao meu alumnado actual sexa a afección que pola serie do detective Colombo sente a protagonista vella, porque non o coñecerán xa, pero o resto é perfectamente moderno.

Deixa un comentario!