Menu Xerais

«Unha estrela no vento» de Ledicia Costas

[Unha estrela no vento] A novela de Ledicia Costas segue a ser unha das lecturas preferidas polos rapaces e rapazas dos primeiros cursos da ESO e tamén polos membros do Clube da Lectura.

Está é unha historia que conta a vida dun rapaz de dezasete anos que se chama Miguel Foz. O protagonista na casa cos seus pais e súa irmá pequena Paula e aínda vai ao instituto. Alí, pensa que a súa profesora de literatura lle ten manía, ata que esta un día despois de moitos días preguntándolle polos deberes, que nunca os tiña, respondeulle cunha contestación que deixou a todos parvos. Isto fíxoo acompañado dun precioso poema que inventara nese mesmo intre.

Un día cando foi á Lagoa, o bar ao que adoitaban ir el mais os seus amigos, atopouse cunha moza que vendía rosas. Era xitana e chamábase Reina. Fixéronse moi amigos e quedaron de verse todos os días que puideran nese lugar. Así o fixeron. Uns días despois, ao saír do bar, atopouse co Bruto e os seus amigos. Comezaron a meterse con el e acabaron dándolle unha malleira que o deixou no hospital. Durante uns días non podería moverse moito polas feridas, producidas pola malleira, que tiña no abdome.

Por outra banda, o seu pai foise de viaxe de negocios, segundo o que contara na casa, pero non era verdade. Ó que ía era de vacacións coa súa amante. Miguel descubriuno e cando a súa nai se decatou da verdade botou o homeda casa. Ela tivera que ir ao enterro da súa irmá e mais do seu cuñado, que morreran nun accidente. Tiñan un fillo en común que se chamaba Abel, que a nai de Miguel decide levar a vivir con eles.

En canto a Miguel, nos seguintes días de clases todo o mundo o miraba con cara rara pola malleira recibida. pero todos se puxeran de acordo para devoverlle a malleira ao Bruto e aos seus amigos. Estando todos na Lagoa dúas tardes antes da pelexa, entrou Reina e contoulle a Miguel que ela era a irmá do Bruto. El quedou algo asustado pero non ía desconfiar dela. En cambio, o Maqui, que era un dos amigos de Miguel, non confiaba nela. Miguel e o Maqui pelexaron por culpa de Reina ata que este se foi para o bando do Bruto. Esa noite,cando Miguel e Reina estaban paseando , atopáronse cun amigo do Bruto que lles avisou de que ía ir xunto a el e lle contaría todo, pois ela non podía estar a esas horas da noite fóra da casa sen permiso do seu irmán. Cando chegou este á Lagoa, despois de ser avisado que a súa irmá estaba fóra da casa sen o seu permiso, Miguel empezou a pegarlle. As cousas acabaron mal e cando marcharon os outros, Miguel díxolle a Reina que non podía ir para a súa casa, que el a acollería na del mentres os problemas non se arranxasen. Ela aceptou.

Por fin, chegou o día da pelexa. Cando todos estaban alí, puxeron unhas normas: non se podía tocar nin a Miguel nin a Abel. O Maqui algo tramaba, pois non paraba de rir. Cando todos estaban pelexando, este acercouse a onde estaban eles e Miguel, ao estar aínda mal pola ferida, e Abel, que era minusválido, non se puideron defender. A Miguel chantoulle unha navalla no estómago, xusto na ferida, para que non puidese berrar mentres a Abel o tiraba por un acantilado abaixo. A Miguel deixouno no hospital e Abel morreu.

Agora, Reina e mais Miguel van todos os meses ao acantilado a recordalo para encher ese vacío que teñen, pois os dous o querían moito e el a eles tamén.

O personaxe que máis me gustou e chamou a miña atención foi Abel, polo seu sentido de ver a vida e pola súa maneira de comportarse coa xente. O personaxe que menos me gustou foi o Maqui, pois traizoou os seus amigos no último momento. Ademais diso, pareceume un mal xesto que empurrara así a Abel polo acantilado abaixo, sen el ter culpa ningunha. O que máis me gustou deste libro foi a forma de contar o que lle sucedía e pensaba Abel. Con esta historia aprendín varias cousas, pero entre elas, que non hai que confiar en todas as persoas, pois algunhas pódenche traizoar.

Esta obra recoméndolla ás persoas ás que lles gusten as historias e finais máis ben tristes. Alba Tobío (2º D)

Anotación publicada no blog «Linguason» do Clube de Lingua do IES de Porto do Son.

Comentarios pechados