Menu Xerais

Unha ferramenta de estudo: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Crítica de Xosé Feixó

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

 

Precisa análise

Unha sólida ferramenta

Máis unha vez o profesor Freixeiro Mato agasállanos cun traballo que vén encher un dos tantos baleiros dos que adoece o noso idioma: Estilística da lingua galega. Un máis, froito dun ímprobo esforzo, un meticuloso estudo, unha análise precisa e unha investigación, en fin, propias dun excelente lingüísta. De non ser as academias, e máis as reais, institucións decimonónicas, rancias e pouco ou nada democráticas e necesarias, eis una académico de seu.Como outros. Mais é a obra e non a pompa a que queda e a que honra.

Parabéns ao profesor, que abre contundentemente o camino dun ramo do saber nunca antes explorado de xeito íntegro e minucioso. É por iso que, desde os especialistas ata os afeccionados, pasando polos escritores (en sentido amplo), todos debemos ler esta obra,que, desde as definicións, clases e relacións, estuda e analiza a estilística epígrafe a epígrafe, dando boa conta de cada unha delas, e, en ocasións, mesmo de xeito definitivo.

Entendía o profesor Freixeiro Mato que “cumpría un labor de ordenación e sistematización dos aspectos expresivos da lingua que fosen introducidos por unha sólida fundamentación teórica,co obxecto de dotar a lingua galega dunha ferramenta de estudo de que outras linguas próximas xa dispuñan desde hai anos”, e nós, entendemos, que labor cumprido e campo.

Xosé Feixó

 

Deixa un comentario!