Menu Xerais

Unha gran novela: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Artigo de Xavier Alcalá

Xavier Alcalá dedicou un artigo en La Voz de Galicia á novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.

 

«A noite branca»

Expertos con ‘auctoritas’ sobre os sistemas literarios falan da súa ‘consolidación’, e consideran mostra dela o existiren obras volumosas de autores con traza de seguir a facelas. En Galicia, nomes coma Queipo, Riveiro Coello ou Fernández Naval confirman que sesenta anos de novela a progresar en tamaño non supuxeron vans esforzos. A noite branca, do último mencionado, danos idea de como encher páxinas con ‘economía de papel’ sobre un aspecto da historia do país que raramente se tocara: a loucura que arrastrou a tantos ‘voluntarios’ ata a fronte rusa. Nese texto Fernández Naval logra un encaixe de gran romance ao que non se lle descobren costuras, mesmo levando a narración desde un Ourense con guerra e fuxidos á Habana de todos, para enlazar co manto da neve rusa tinxida de sangue. (…)

Deixa un comentario!