Menu Xerais

Unha historia orixinal e divertida que cuestiona o noso xeito de vida: «Vento galerno», de Antonio Yáñez Casal. Crítica de Mónica Álvarez Pérez

El Correo gallego publica unha recensión crítica de Mónica Álvarez Pérez sobre Vento galerno, de Antonio Yáñez Casal.

A illa que non ten nome

En ‘Vento Galerno’ convídase a naufragar nunha illa onde a falta de lóxica, convértese no mellor dos sentidos comúns

Imaxinas un lugar onde a lóxica, a túa lóxica, non tivera lóxica? Onde os encargados de administrar e xestionar a vida da vila estivera nas mans da propia cidadanía? Onde o respecto á individualidade vivise en perfecta concordancia co respecto á vida en comunidade? Onde a democracia… fose unha “democracia con maiúsculas”?

Ese lugar existe. Unha illa ao outro lado do océano. Unha illa sen nome… Unha illa nada da fantasía de Antonio Yáñez Casal (Ferrol, 1959), autor xa coñecido no panorama literario xuvenil, que conta con premios literarios como o II Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil no 2006 pola obra Lóbez (Baía Edicións, col. Meiga Moira, 2006) e o VI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Raíña Lupa no 2006 coa obra Viaxe a Libunca (Galaxia, col. Costa Oeste, 2007).

PREMIO CLAUDIO SAN MARTÍN. Coa súa última obra, Vento Galerno (Xerais, col. Fórad e Xogo2, 012), foi finalista da última edición, polo de agora, do Premio Fundación Novacaixagalicia-Claudio San Martín de Literatura Xuveni1 2011.

Sorprende agora cunha nova historia que, seguindo os trazos xa iniciados por autores como Swift e Defoe na novela de aventuras, retoma a trama do naufraxio nunha illa remota con habitantes estraños.

Así o protagonista deste relato de aventuras, Miro, chega a unha illa “sen nome” e descoñecida tras pasar dous días en alta mar á deriva.

Nese novo lugar, desorientado e exhausto, Miro atópase con extravagantes habitantes cuxa filosofia de vida parece estar carente de sentido. Nada segue a lóxica que rexe no mundo “civilizado”, desde a falta dun goberno estable no tempo que administre a illa ata “sandadores” que diagnostican estrañas doenzas, como “ter o corpo acelerado” por andar demasiado apurado.

A pesar do difícil que lle resulta a Miro entender o funcionamento da illa, pouco a pouco irase adaptando ao “ilóxico” modo de facer as eousas dos sens habitantes.

Neste relato que “navega” entre as “augas” das aventuras de Robinson Crusoe e o “sen sentido” de Alicia no País das Marabillas, o autor achéganos unha historia orixinal e divertida, onde invita os lectores a poñer en cuestionamento os modos de facer e de vivir do mundo actual, da chamada “civilización”, e convidaos a imaxinar un mundo novo e diferente ondea democracia existe no seu sentido máis amplo e literal.

VISIÓN SURREALISTA. Un mundo onde o primeiro dos dereitos de todos os cidadáns da vila é ter dereitos. Paradoxalmente ofrecendo a visión máis surrealista da sociedade, cos habitantes máis extravagantes e os pensamentos máis ilóxicos, ponse de relevo a necesidade de supervisar e reflexionar en torno aos nosos modos de pensar a vida e a sociedade.

Con esta obra Yáñez Casal convida o lector a mergullarse nunha aventura exótica ondeo ilóxico asume o protagonismo para regalarnos esperanza nun mundo mellor.

Mónica Álvarez Pérez

 

Comentarios pechados