Menu Xerais

Unha homenaxe á infancia nun monllo de poemas infantís: «Cancións para Ana Lúa», de Xavier Seoane e Correa Corredoira. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Cancións para Ana Lúa, de Xavier Seoane, con ilustracións de Correa Corredoira, publicado por Xerais na colección Merlín.

 

Cancións para Ana Lúa, de Xavier Seoane e Correa Corredoira

 

Con profusas e fermosas ilustracións de Correa Corredoira, (imposible pasalas por alto, son enormemente “frenéticas”: apetece telas colgadas na casa para observalas de cando en vez) ,  ofrécenos Xavier Seoane Cancións para ana Lúa, publicado por Xerais, un monllo de poemas infantís que constituén en si mesmo unha homenaxe á infancia, con todo o que supón de máxico, fantástico, alegre e imaxinativo.

Comentarios pechados