Menu Xerais

Unha iniciativa a favor do teatro: «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico». Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro do VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.

 

Teatro para as ondas

Agradecidas iniciativas

Os responsables do Diario Cultural da Radio Galega, apoiados polo Centro Dramático Galego, tiveron hai xa seis anos a idea de fomentar e premiar a escrita de textos dramáticos para a radio, alentando desta maneira a creación contemporánea no eido do teatro.

Edicións Xerais é a peza que falta,a que se ocupa de inmortalizar as obras do“Premio Diario Cultural” de Teatro Radiofónico levándoas ao papel.

O primeiro texto do volume é o elixido polo xurado, Poema sinestésico para tres voces e un can, de Eva F. Ferreira.Teatro e poesía mestúranse aquí mediante diversas voces que se confunden nun rebumbio que non engancha demasiado ao oínte, a pesar das referencias irónicas actuais que a autora introduce na peza. Intercom–baby, asinada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, ten ben merecido o premio da audiencia ao recrear a vida duns pais inexpertos nunha obra cargada de realismo e suspense, extraordinaria. Zé Paredes e Carlos Losada Galiñáns, con Quendas e Ironías, respectivamente, acometen con máis crítica e ironía, redondeando esta edición que tenta acrecentar a consideración do teatro radiofónico. Iniciativas deste tipo son as que loitan por situar o teatro no lugar que se merece. Enormemente agradecidos aos que o fan posible.

Laura Blanco Casás

Comentarios pechados