Menu Xerais

«Unha novela de aventuras cunha valente protagonista feminina.» O blog Rede Lectura recomenda a obra infantil «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrada por Xosé Tomás.

 

«Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

A autora volve escoller unha protagonista feminina valente para esta divertida novela de aventuras: unha ra que prefire ser diferente, facer monadas e anoar flores para poñelas nas orellas (a modo de auriculares) a participar no ruidoso ritual de galanteo dos da súa especie. Pero esta “solteirona” convencida acabará asumindo responsabilidades maternais e atopando curiosos aliados para saírse coa súa.

Como os xogos de palabras e as rimas teñen unha importante presenza nesta obra, cremos que, aínda que está concebida para lectores autónomos, ben podería encaixar para unha lectura compartida en voz alta nun encontro con  rapaces e rapazas máis pequenos.

Para gozar colectivamente das espectaculares ilustracións de Xosé Tomás e rir xuntos, que non é pouco.

Comentarios pechados