Menu Xerais

Unha novela que nos leva á sociedade coruñesa do século pasado para amosarnos a loita da muller pola igualdade: «Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019.

 

Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz

 

Interesoume moito esta achega que nos fai Xosé A. Neira Cruz, que coa súa acostumada elegancia na escrita, lévanos á sociedade coruñesa de principios do século pasado, onde unhas cantas mulleres facíanse valer e outras cantas loitaban por unha ansiada igualdade.

Encantoume saber da súa loita, desas clases altas que negagan a posibilidade de que unha muller pensase por si mesma e para as cales non existía a cruenta realidade das mulleres que dende a pobreza loitaban por sobrevivir.

En poucas páxinas, Veleno de tinta impresa, Premio ánxel Fole de narración curta do Concello de Lugo 2019, publicada por Xerais, ofrécenos un cadro feminista e unha homenaxe a María Luz Morales, primeira muller directora dun xornal en España.

Unha moi recomendable lectura que nos sitúa nun mundo que, sinceramente, non parece tan afastado.

 

Comentarios pechados