Menu Xerais

Unha novela simbólica, irónica e intelixente que deixa un bo sabor de boca no lector: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019.

 

‘Recensión: Amador Castro Moure, «Shanghai a Barcelona»


Amador Castro recibiu o Premio Xerais de Novela en 2019 por Shanghai a Barcelona, unha novela simbólica, irónica, intelixente e dunha densidade evidente que fai da súa lectura un proceso lento, mais que en xeral deixa como conclusión un bo sabor de boca para o lector.

 

A sensación de dinamismo na lectura desta novela é unha constante xa que o lector desplazase constantemente en tempo e espazo pola vida de Orlando. Unha experiencia vital marcada pola emigración á Barcelona e a idealización da vida anterior na aldea en Galicia. Este aspecto fai da novela unha continua contraposición de elementos, reforzados polo simbolismo dos Haikus, que xera unha sensación de angustia e desarraigamento que está presente en todo o texto.

 

A densidade da novela crece tanto que é dificil ler os últimos capítulos axilmente, é necesaria unha lectura tranquila e concentrada para comprender a resolución dos feitos e o comportamento de cada personaxe. Por este motivo considero que esta novela é consecuente coa súa idea durante todas as súas páxinas porque o nivel de densidade do texto aumenta ó mesmo ritmo que afonda na psique dos personaxes e nos sentimentos que se extraen dos seus actos.

 

En resumo, Shanghai a Barcelona é unha historia cunha carga literaria bastante evidente, que reflexiona profundamente nas pantasmas da nosa sociedade mediante bos diálogos e unha prosa densa, mais de moita calidade.

David González Domínguez

Comentarios pechados