Menu Xerais

Unha obra de literatura infantil protagonizada por unha líder feminina que quere o mellor para a sociedade: «Alcaldesa Vermella», de El Hematocrítico. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

 

Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico

 

Falar de El Hematocrítico é falar de calidade na literatura infantil. Agora temos en Xerais Alcaldesa Vermella, con ilustracións de Mar Vilar.

Estamos ante unha líder feminina e uns habitantes que piden o mellor para a sociedade, e non para o individuo (personaxes moi recoñecibles dos contos clásicos). Cada un, dende as súas propias capacidades, pode aportar algo para que o lugar onde viven sexa mellor, porque o que importa é o conxunto.

O relato conta como se toman decisións en reunións, con votacións, como se organizan as eleccións e en que consiste o respecto ás decisións da maioría.

Para explicar como debería ser a política se non fose o que realmente é.

Comentarios pechados