Menu Xerais

Unha ollada á movida vigues dos felices 80. Crítica de Vicente Araguas sobre «Vigo a 80 revolucións por minuto» de Emilio Alonso

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

 

A fume de carozo

Unha ollada á movida vigues dos felices 80

Paseino moi ben (foime moi útil, ademais, agora que estou artellando un volume de conversas con Bibiano Morón, un dos protagonistas dos anos lembrados por Emilio Alonso) co libro deste, “Vigo a 80 revolucións por minuto” (Edicións Xerais, Vigo 2011). Prestoume, digo, porque san eu ter vivido máis que moi tanxencialmente a chamada “movida” viguesa, aínda que cheguei publicar na mítica revista “Tintimán’, da que Alonso dá noticia polo miúdo, coñecín a moitos dos seus argalleiros, e admirei o que o movemento de marras tivera de transgresor, na música, na pintura, na moda ou en aspectos tan humildes (“ma non troppo”) como os relativos ao arranxo do cabelo.

E non esquezamos que “Tintimán” saeu precisamente deste sector. Emilio Alonso, quan andivera por el como xornalista de batalla e dimanizadocr ultural, colle con afouteza ben documentada o choio, e fai del apoteose de rigor e sensibilidade. De maneira que da súa man imos cofiecer a fondo os entobos dun panorama aberto e anovador, cando Vigo proxectaba o seu aire moderno (de sempre) en xermolo de moitas batallas aínda por librar. E é que neses anos Vigo foi a capital de Galicia, xogando un pouco o papel que Barcelona representara fronte a Madrid nos anos do tardofranquismo (e mesmoa ntes).

Loxicamente no caso vigués non era a proximidade de Portugal (no barcelonés a vecifianza francesa sei que semellaba decisiva) definitoria. Con todo o lema canoro de “Menos mal que nos queda Portugal’, de Siniestro Total, foi moito máis que unha “boutade”.

E neste aspecto tamén toma posición Emilio Alonso, para contamos o trato coa xente da cultura lusa implicada nos aires que vifian de Vigo. Máis a descripción, en clave irónica, dos que ían mercar a Valença as consabidas chilindradas.

O estudo de Emilio é tan exhaustivo que nel poucos dan liscado da ollada comprensiva, mais con certa retranca, por definición, distanciadora deste nachifio, nado en Madrid en 1958, mais tan vencellado a Vigo como a dona que vende ostras en “La Piedra”, onde me levara Bibiano Morón o último verán.

No que coñecín a Emilio Alonso a pé do concerto de James Blunt. E é que Alonso está ao prato e máis ás talladas, cun dominio do medio da que dá testemuña o aparato gráfico-testemuñal, completísimo e rigoroso. Xa non tanto o Utulo en inglés macarrónico do capítulo séptimo: “Vídeo doesn’t killed the radio star’. “Pataca minuta” que diría Caneda, outro clásico contemporáneo, porque aquí os acetros son moitos. De entrada o de adicar todo un libro a semellante fedello ou enxeño como aquel foi. Cando Vigo liberara a súa capacidade de furia urbana (dinme os que saben do tema que a “cidade olívica” é unha das máis agresivas de España no que se retire ao tráfico rodado) a prol da beleza posmoderna que dera callado eses anos riba do seu asfalto. Con aquel alcalde, Soto (que aquí está, como tamén o mítico Leri), alternando con Joaquín Leguina, cando este chegara a Vigo presidindo unha excursión da “movída” madrileña. Emilio Alonso conta esta historia con moita intención. Relatorio intenso o seu no que xa postos, tan soamente falta Karina Flanagan. Mágoa.

Vicente Araguas

Deixa un comentario!