Menu Xerais

Unha proposta moi acaída para as recomendacións lectoras do verán: «Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas. Recomendación do blog «Rede Lectura»

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección: Merlín.

 

«Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas

 

Vampira de biblioteca é o último libro que vén de publicar a escritora Ledicia Costas con ilustracións de Víctor Rivas na colección Merlín de Xerais.
A novela conta a historia de Eleonora, unha vampira un tanto peculiar que vive nunha biblioteca especial como a Biblioteca Joanina da Universidade de Coímbra. Como os morcegos que habitan na biblioteca portuguesa, Eleonora ten que eliminar a todo becho que ameace a conservación dos libros. Acompañada de Xa e Mon, os seus morcegos de confianza e coa complicidade dunha bibliotecaria, un avó e os seus netos, terá que enfrontarse aos insectos bibliófagos para preservar os libros desta importante biblioteca.
Proposta moi acaída para as recomendacións lectoras do verán e destinada a partir dun lectorado autónomo, con Vampira de biblioteca tense asegurada unha lectura divertida, con nomes, personaxes e diálogos moi ocorrentes amais dunha defensa das bibliotecas, dos libros, da lectura e da literatura.

Comentarios pechados