Menu Xerais

Unha voz rebelde que anima á reflexión e a ollarnos e ollar en derredor con perspectiva crítica: «Contra todo isto», de Manuel Rivas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Contra todo isto. Un manifestó rebelde, de Manuel Rivas publicado por Xerais na colección Xornalismo.

 

Contra todo isto, de Manuel Rivas

 

Manuel Rivas compila en Contra todo isto, publicado por Xerais, un conxunto de traballos que amosan o seu bo facer xornalístico, sempre impregnado de voz literaria. Unha voz rebelde que anima á reflexión e a ollarnos e ollar en derredor con perspectiva crítica, a non deixarnos encarreirar, submisión que a sociedade pretende.

Por iso Rivas critica a sociedade precaria na que vivimos e anímanos a tentar cambiar unha realidade que non nos gusta e da que tantas veces agochamos a vista e non queremos nin enxergala.

Rivas convida a cuestionarnos e cuestionar. Convida á reflexión. A ollar cara a cara a corrupcios, o machismo, o feminicidio, a redución da liberdade… e con este enfrontamento lembrarnos que podemos loitar contra a desmemoria e facela feble. A loita vén acompañada de fórmulas de boas prácticas como medir o Balance do Ben Común en lugar do PIB; deseña por tanto carreiros de futuro, porque despois de loitar “contra todo isto” hai esperanza, e porque agora mesmo hai asemade situacións que pagan a pena porque conmocionan e alegran, porque existe a solidariedade e o activismo.

De aí que debamos sacar a venda dos ollos que nos atenaza e que tantas veces nin sentimos porque como ovellas lévannos da man e procuran que non pensemos.

Agora máis ca nunca, con todo o que está a pasar, precisamos da nosa propia reflexión e loitar pola formación dun posible mundo novo.

Deixa un comentario!