Menu Xerais

Unindo poesía e música de calidade: «A miña primeira Rosalía». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha anotación crítica sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

 

 

A miña primeira Rosalía (ilustracións de María Manuela)

No ronsel do exitoso O meu primeiro Celso Emilio retorna o idéntico equipo responsable -Xosé e Xiana Lastra, e María Manuela Díaz Orjales no ámbito das ilustracións- que artella un rigoroso percorrido polos socalcos biográficos máis imprescindibles de Rosalía de Castro a carón dunha antoloxía poética -ben articulada, ao meu ver, para ir entrando no universo literario da autora de Follas novas– e mais doce poemas musicados e cantados, incluídos nun cd, que incorpora interpretacións de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra, acompañadas instrumentalrnente por Xurxo Varela, Nani García, Pablo Sabio, Nuria Lestegás, Paco Barreiro, Roberto Grandal, Pepe Do Pico, Simón García e Manuel Dopico.

         O aproveitamento didáctico e a orientación inexcusablemente divulgativa da publicación é unha verdadeira evidencia, mais tamén o é esa proxección que atesoura como aposta por unir poesía e música de calidade. Que veñan moitos máis «A miña primeira…» ou «O meu primeiro…». Sería unha excelente noticia.

Comentarios pechados