Menu Xerais

Vinte anos de literatura galega

Con motivo do vinte aniversario da Fundación Caixa Galicia, o sábado 14 de novembro de 2009 ás 12:00 horas, celebrarase a mesa redonda Vinte anos de literatura galega, na que baixo a moderación de Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia, e coas voces dos escritores Suso de Toro, Chus Pato, Agustín Fernández Paz, o crítico literario Ramón Nicolás e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia Xurxo patiño se ofrecerá una visión dos últimos vinte anos da literatura galega e se apostará por proxectar o mellor dos futuros para a mesma. O acto terá lugar na sede de Vigo da Fundación Caixa Galicia, rúa Policarpo Sanz 21.

Comentarios pechados