Menu Xerais

Violencia de xénero, homosexualidade, amor e amizade nunha novela que engancha: «Segredos no Solpor», de Iria Misa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre novela Segredos no Solpor, de Iria Misa.

Segredos no Solpor

Iria Misa traénos en Segredos no Solpor publicado por Xerais unha historia de fácil lectura que engancha e estou segura gustará ao meu alumnado de 3º da ESO, unha historia que mestura o amor, o misterio e a violencia dexénero. A protatonista é unha moza afouta que arrisca para asegurarse de facer o correcto, unha moza que se equivoca e que cae, pero tamén unha moza que sabe levantarse cando comete erros e sabe que a miran mal con razón. Non todo é perfecto porque a realidade non o é. Saber aprender dos erros e seguir adiante é o que nos ensina a protagonista, quen a pesar de todo canto acontece sabe pedir perdón e sabe cal é a verdadeira xustiza dunha sociedade que ten moito que cambiar.
As relacións homosexuais prohibidas, a violencia de xénero agochada, o amor, os rollos de verán, os amigos violentos, as noites de verbena son os temas polos que paseamos nunha proposta xuvenil onde a autora tece un mundo nada afastado da realidade.

Deixa un comentario!