Menu Xerais

Vivir o medo: «Augusta e os seus medos», de Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez Otero.

 

Augusta e os seus medos

Celebramos a publicación na editorial Xerais dun álbum ilustrado coma este que hoxe nos ocupa: Augusta e os seus medos é de Sabela Fernández Trelles con ilustracións da que foi a miña prezada compañeira de traballo Alicia Suárez. Un libro para falar do medo ao descoñecido, do medo á vida, da antisocialización que ten precisamente o seu cerne nesta inseguridade do individuo. A nosa protagonista vive engulida polo medo á propia andaina, sabedora de que non será quen de realizar ningún dos seus proxectos por vivir atenazada polo pánico. Un pánico que poderá solventar grazas á súa propia vontade e á axuda da familia, porque só se pode enfrontar o medo con afouteza, e porque a soidade é a peor das conselleiras cando semella a única posibilidade.

 

Comentarios pechados