Menu Xerais

«Voces á orella», campaña de dinamización lingüística 2009, «Amancio Amigo»

Dentro do programa de dinamización lingüística «Bocaberta» realizado en colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as distintas editoriais, Xerais organizou a campaña «Voces á orella» que consta de dous espectáculos teatrais e un de maxia: «Ratiña Linda» da compañía Casahamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke-Trinke e o espectáculo de maxia de Cali o Mago «Amancio Amigo».

Despois da lectura marabillosa de Amancio Amigo e O Meigo de Salamanca de Xosé Miranda, Cali O Mago  preséntanos un espectáculo cheo de maxia e ilusión dirixido a rapaces e rapazas de once a trece anos. Un percorrido polos efectos máxicos máis coloridos e fantásticos. Na procura dese espazo de inocencia que transmiten os libros e a súa lectura, a maxia que xorde como por arte de encantamento fai o espectáculo divertido e comunicativo. Na busca sempre da atmosfera máxica con toda a súa emoción.

De Amancio Amigo fixéronse dúas representacións en cada unha destas cidades:

26 maio 10,30 h. /12,30 h. Auditorio de Vilagarcía.

 

3 xuño 10,30 h. /12,30 h. Teatro Principal de Santiago.

No mes de outubro terán lugar dúas representacións en cada unha destas localidades:

19 de outubro 10,30 h. /12,30 h. Teatro G. García Márquez en Mera-Oleiros.

 

21 outubro 10,30 h. /12,30 h. Casa da Cultura de Barbadás.

23 outubro 10,30 / 12,30 h. Auditorio Municipal de Cangas.

27 outubro 10,30 / 12,30 h.  Teatro Jofre de Ferrol.

28 outubro 10,30 / 12,30 h. Casa da Cultura de San Ciprián en Cervo.

29 outubro 10,30 h. /12,30 h. Auditorio Fundación Caixa Galicia na Coruña.

3 novembro 10,30 h. /12,30 h. Auditorio Municipal de Ribeira.

Comentarios pechados