Menu Xerais

«Voces á orella», campaña de dinamización lingüística 2009, «Os soños na gaiola»

Dentro do programa de dinamización lingüística «Bocaberta» realizado en colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as distintas editoriais, Xerais organizou a campaña «Voces á orella» que consta de dous espectáculos teatrais e un de maxia: «Ratiña Linda» da compañía Casahamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke-Trinke e o espectáculo de maxia de Cali o Mago «Amancio Amigo».

“Os soños na gaiola” da Compañía do Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de oito a dez anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.

Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.

No mes de xuño representouse nas seguintes localidades con dúas representacións en cada unha delas:

1 xuño 10,30 h. /12,30 h. Forum Metropolitano da Coruña.

 

 

2 xuño 10,30 h. /12,30 h. Auditorio Municipal de Ourense.

3 xuño 10,30 h. /12,30 h. Multiusos de Redondela.

No mes de novembro están previstas as seguintes localidades con dúas representacións en cada unha delas:

4 novembro 10,30 h. /12,30 h. Auditorio Centro Cultural Caixanova de Vigo.

 

5 novembro 10,30 h. /12,30 h. Teatro Municipal Lauro Olmo no Barco.

17 novembro 10,30 h. /12,00 h. Auditorio Municipal Hernán Naval en Ribadeo.

24 novembro 10,30 h. /12,30 h. Edificio Servicios Múltiples de Culleredo.

25 novembro 10,30 h. /12,00 h. Casa da Cultura de Burela.

26 novembro 10,30 h. /12,30 h. Auditorio Municipal de Cambados.

Comentarios pechados