Menu Xerais

«Voces á orella», campaña de dinamización lingüística 2009, «Ratiña Linda»

Dentro do programa de dinamización lingüística «Bocaberta» realizado en colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as distintas editoriais, Xerais organizou a campaña «Voces á orella» que consta de dous espectáculos teatrais e un de maxia: «Ratiña Linda» da compañía Casahamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke-Trinke e o espectáculo de maxia de Cali o Mago «Amancio Amigo».

“Ratiña Linda” de Casahamlet, dirixida por Santiago Fernández,  é unha obra teatral de  Manuel Lourenzo que adapta libremente o texto de Rata linda de Compostela de Bernardino Graña.  Cunha duración de corenta minutos e dous actores en escea (Chus Álvarez e Antonio López Rico), a obra percorreu xa,  nos meses de maio e xuño as localidades de:

19 maio 10,30 h. /12,00 h. Auditorio Municipal de Cangas.

20 maio 10,30 h. /12,00 h. Casa da Cultura de Ordes.

21 maio 10,30 h. /12,00 h. Multiusos de Mos.

22 maio 10,30 h. /12,00 h. Casa da Cultura de Xinzo.

28 maio 10,30 / 12,00 h. Casa da Cultura do Milladoiro. Ames.

1 xuño 12,00 h. /18,00 h. Biblioteca Municipal Gondomar con Espazo Lectura.

4 xuño 10,30 / 12,00 h. Auditorio Municipal Caldas de Reis.

Na segunda fase da campaña, meses de outubro e novembro, haberá dúas representacións nas seguintes localidades:

6 outubro 10,30 h. /12,00 h. Auditorio do Multiusos de Rois.

 14 outubro 10,30 h. /12,00 h. Auditorio Municipal de Cariño.

 15 outubro 10,30 h. /12,00 h. Casa da Cultura de Foz.

 20 outubro 10,30 h. /12,00 h. Biblioteca Municipal de Pontecesures.

 22 outubro 10,30 h. /12,00 h. Biblioteca Municipal de Moraña.

 3 novembro 10,30 h. /12,00 h. Auditorio Municipal do Carballiño.

 4 novembro 10,30 h. /12,00 h. Biblioteca Municipal de Barro.

5 novembro 10,30 h. /12,00 h. Casa da Cultura de Lousame.

18 novembro 10,30 h. /12,00 h. Novo Salón Teatro de Lalín.

24 novembro 10,00 h. /11,30 h. Casa da Xuventude de Mondoñedo.

27 novembro 10,30 h. /12,00 h. Casa da Cultura de Meis.

Comentarios pechados