Menu Xerais

Xa se pode descargar o primeiro capítulo de «Resurrección», de Lea Tobery

Desde hoxe, pódese descargar o primeiro capítulo da novela Resurrección, de Lea Tobery, que Xerais publicará en galego simultaneamente a que o faga Ediciones B en castelán. A novela da autora de Alburquerque chegará ás librerías en dúas semanas.

Resurrección conta a historia de Emma, que aos seus dezasete anos, viviu unha experiencia próxima á morte. Nela non viu túneles luminosos nin nada semellante: pola contra, coñeceu un ser fascinante, Ethan, con quen axiña sentiu unha conexión especial, coma se por fin atopase a súa alma xemelga, o amor da súa vida… Pero, unha vez de volta á realidade, Ethan desaparece sen deixar rastro. ¿Era un anxo? ¿Unha ilusión? ¿Un soño?¿Ou alguén que lle traía unha mensaxe que podería cambiar a súa vida para sempre?

Lea Tobery criouse e vive en Alburquerque co seu marido. Ten 29 anos. Graduouse en Saúde e Servizos Sociais na New México State University. O seu interese polo máis alá e a súa paixón pola lectura das novelas de amor clásicas levouna a escribir Resurrección.

Descargar o primeiro capítulo de Resurección.

Comentarios pechados