Menu Xerais

Xabier DoCampo fala d’ “O país adormentado”

Con motivo da súa presentación, o pasado 9 de agosto de 2012, na Feira do Libro da Coruña, Xabier DoCampo fala nesta peza d’ O país adormentado, a súa novela reeditada na colección Fóra de Xogo.

Docampo inicia confesando que cando le un libro “quero que me fale de min, quero que fale do meu tempo; cando leo unha novela histórica quero que me fale de hoxe, que me dea motivos de reflexión, xa que leo para cambiar o mundo”. Logo define O país adormentado como “un libro sobre o medo, sobre como o medo nos domina e nos fai dominables, sobre como o medo é un instrumento de poder, xa que non hai nada que nos deixe máis inermes que o medo”. Despois relata o conflito da novela: “Esta xente ten o privilexio de que mentres dorme non morre, mais hai un momento no que iso cambia, converténdose nunha maldición, xusto cando o seu rei consegue meterlles no corpo o medo a morrer; entón utilizan o seu antídoto fronte a morte, que é dormir, sen ser conscientes de que se dormen non morren, pero tampouco viven. Esa é a idea que eu quixen para este libro, a idea de como temos que facer para liberarnos dos medos. Como os países, os pobos eas persoas teñen que liberarse dos medos que o poder utilizala para dominalos”. Docampo remata a súa intención de relacionar este relato con algo posible, “algo propio que implique ao lector na súa propia vida”, co papel da memoria, “para saber quen somos e por que estamos no mundo”. “Quixen facer unha fantasía moi metafórica”, conclúe.

Comentarios pechados