Menu Xerais

Xabier DoCampo, “nun lugar dos soños”

Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo. Os actos comezarán ás 12:00 do mediodía cunha mesa redonda na que participarán Fina Casalderrey, Xosé Cobas, María Xesús Fernández, Agustín Fernández Paz, Antía Otero, Mercedes Queixas e David Otero. A continuación, terá lugar a colocación do cuarto hectómetro literario no Paseo dos Soños. Os actos rematarán cun xantar de irmandade no restaurante A Nova Ruta de Vilalba (para apuntarse chamar ao teléfono 646413890)

Comentarios pechados