Xela Arias, Letras Galegas 2021
A Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2021 a poeta, tradutora e editora Xela Arias. A institución quere así render tributo a “unha voz singular, sincera e comprometida”. En 2018 Xerais publicou, en edición de María Xesús Nogueira, o libro Poesía reunida (1982-2004). Este volume dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada». Edición, introdución e notas de María Xesús Nogueira Pereira.
Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Xerais entre 1980 e 1990. A partir dese ano e ata 1996, foi correctora de estilo da editorial. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Como poeta, publicou os libros “Denuncia do equilibrio” (Xerais, 1986); “Tigres como cabalos” (Xerais, 1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Xil; “Darío a diario” (Xerais, 1995); e “Intempériome” (2003). Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra. Como tradutora, verteu ao galego obras de Fenimore Cooper, Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire ou Alice Vieira, labor polo que recibiu recoñecementos como a Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.
A noticia foi recollida en varios medios de comunicación:
- Academia.gal (22-decembro-2020): A RAG dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias
- El País (22-decembro-2020): El Día das Letras Galegas 2021 será para Xela Arias
- ABC (22-decembro-2020): La RAG dedicará las Letras Galegas 2021 a la poetisa Xela Arias
- CRTVG (22-decembro-2020): A Real Academia Galega dedicará as Letras Galegas de 2021 á poeta Xela Arias
- Diario Cultural da Radio Galega (23-decembro-2020): Xela Arias, a voz das Letras Galegas 2021
- Europa Press (22-decembro-2020): La poeta Xela Arias será la homenajeada en las Letras Galegas de 2021
- La Región (22-decembro-2020): Xela Arias, Día das Letras Galegas 2021
- La Voz de Galicia (22-decembro-2020): Xela Arias, Día das Letras Galegas 2021
- Faro de Vigo (22-decembro-2020): As Letras Galegas 2021 para Xela Arias
- Atlántico Diario (22-decembro-2020): Xela Arias, poeta das Letras Galegas 2021
- Praza (22-decembro-2020): Xela Arias protagonizará o Día das Letras Galegas no ano 2021
- El Ideal Gallego (23-decembro-2020): La poeta Xela Arias será la autora homenajeada en las Letras Galegas de 2021
- Diario Cultural (23-decembro-2020): Xela Arias, a voz das Letras Galegas 2021
- Galicia Confidencial (22-decembro-2020): A RAG adícalle o Día das Letras 2021 a Xela Arias, unha poetisa feminista anticipada ao seu tempo
- Diario de Pontevedra (22-decembro-2020): A RAG dedicará o Día das Letras á sarriá Xela Arias pola súa poesía “transgresora”
- El Correo Gallego (22-decembro-2020): A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras 2021 a Xela Arias
- Balea Cultural (23-decembro-2020): Xela Arias, homenaxeada nas Letras Galegas de 2021
- Eldiario.es (23-decembro-2020): La poeta Xela Arias será la autora homenajeada en las Letras Galegas de 2021
- Pontevedra Viva (23-decembro-2020): Las Letras Galegas recordarán a la poeta y traductora Xela Arias en 2021
- Esradio Galicia (23-decembro-2020): La Real Academia Galega dedicará las Letras Galegas de 2021 a la poeta Xela Arias
- Elcomún.es (23-decembro-2020): Xela Arias será homenajeada en el Día das Letras Galegas 2021
- Caderno da Crítica (23-decembro-2020): Xela Arias: Unha voz transgresora
- Nós Diario (23-decembro-2020): María Xesús Nogueira: “De Xela Arias destacaría a voz rompedora, arriscada”
- Galicia Press (23-decembro-2020): El Día das Letras Galegas 2021 será dedicado a la poeta Xela Arias
- Brétemas (2-xaneiro-2021): Onte 2108: Comeza o ano #Xela Arias2021
- Atlántico Diario (24-decembro-2020): Xela Arias, unha elección aplaudida
- La Región (26-decembro-2020): Xela Arias, Letras Galegas 2021
- Diario Cultural da Radio Galega (21-xaneiro-2021): Manuel Bragado: “Hai que dinamizar este ano de Xela Arias”
Comentarios pechados