Menu Xerais

Xerais aplaude a iniciativa educativa «Recitando a Celso Emilio», que se celebra hoxe de xeito expansivo en toda Galicia

Xerais aplaude a inciativa #recitandocelsoemilio, impulsada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que se celebra hoxe, ás 12 h. do día 12 do 12, de xeito expansivo, en todo o país. Cunha relevante movilización educativa en torno ao poema «Deitado frente ao mar», do libro Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, hoxe a sociedade educativa está de celebración arredor da figura de Celso Emilio Ferreiro e arredor da reivindicación da lingua galega. Reproducimos o excelente vídeo do devandito poema realizado polos alumnos/as do obradoiro de animación Plástica do IES As Barxas, de Moaña, así como o tráiler do documental 100% CEF, sobre Celso Emilio Ferreiro, dirixido por Aser Álvarez, e intepretado por Luís Tosar, que encarna a figura do escritor. Emitirase hoxe pola TVG pouco antes da medianoite.

 

 

+

 

100% CEF. Trailer from asombraproducions on Vimeo.

Deixa un comentario!