Menu Xerais

Xerais inicia a súa oferta de e-books

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. Os mesmos títulos xa están dispoñibles tamén na libraría dixital Itunes de Apple e proximamente en Todoebook.

A partir de agora, Xerais irá incorporando ao seu catálogo de e-books as súas novidades da colección Narrativa, así como recupeando algúns títulos desta colección. Os seguintes, xa en preparación, son Os fillos do mar, de Pedro Feijoo; Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; e Ninguén, de Fran Alonso.

Deixa un comentario!