Xerais na Feira do Libro de Compostela
Xerais participa en diversos actos da XXVIIª Feira do Libro de Santiago, que se inaugurou hoxe co pregón de Xurxo Souto e que se celebrará ata o domingo 13 de abril na Alameda. A feira compostelana, que nesta edición, con respecto a anos anteriores, adiantou sensiblemente as súas datas de celebración, abre o programa anual destes certames organizados pola Federación de Libreiros de Galicia. Durante esta semana Xerais participa coas seguintes presentacións e asinaturas de libros:
- Luns, 7 de abril, 19:00 horas: Os escritores dramáticos Paula Carballeira e Rubén Ruibal asinarán exemplares das súas obras, Boas noites (Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2006) e Limpeza de sangue (Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2005 e Premio Nacional de Literatura dramática 2007).
- Martes, 8 de abril, 19:00 horas: Rosa Aneiros asinará exemplares do seu libro Ao pé do abismo e do resto das súas obras.
- Xoves, 10 de abril, 19:00 horas: Teresa Moure asinará exemplares do seu libro A casa dos Lucarios e do resto das súas obras.
- Xoves, 10 de abril, 20:00 horas: presentación do libro Incertos, de Antón Dobao. Xunto co autor, participarán no acto o escritor Darío Xohán Cabana, e Manuel Bragado Rodríguez, director da editorial.
- Venres, 11 de abril, 20:00 horas: Henrique Alvarellos presentará o seu libro Diario dun pai acabado de nacer. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
Comentarios pechados