Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2014

Do 23 de maio ao 1 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Vigo 2014 na que Xerais ten organizados os seguintes actos:

• Día 23 de maio  venres

12:30 h.: Pregón a cargo de Pedro Feijoo.

19:00 h.: Presentación de Penúltimas tendencias  de Carlos Negro con Manuel Bragado.

20:00 h.: Presentación de A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz con Manuel Bragado.

• Día 26 de maio  luns

19:00 h.: Presentación de Recinto Gris  de Ledicia Costas con  Marcos Calveiro e Helena Pérez.

19:30 h.: Sinatura de Elena Gallego Abad na Caseta da Librería Pedreira.

20:00 h.: Presentación de E logo, temos razóns para ser nacionalistas? de Henrique del Bosque Zapata con Carme Adán, Braulio Amaro e Manuel Bragado.

• Día 27 de maio  martes

19:00 h.: Presentación de O fío vermello  de An Alfaya con Antonio Gª Teijeiro e Helena Pérez.

19:30 h.:  Sinatura de Pedro Feijoo na Caseta da Librería Pedreira.

20:00 h.: Presentación de A voz do vento de Pemón Bouzas con Manuel Bragado.

• Día 28 de maio  mércores

20:00 h.: Presentación de Pedro Petouto de Xesús Alonso Montero con  Modesto Hermida, Antón Costa Rico e Manuel Bragado.

• Día 29 de maio  xoves

20:00 h.: Sinatura de Ledicia Costas na Caseta da Libraría Andel.

• Día 31 de maio  sábado

18:00 h.: Encontro coas crianzas, no que Iván Sende, ilustrador e María Reimóndez autora de Volvo! O regreso de Usha, contarán como se ilustrou e escribiu o libro.

19:00 h.:  Sinatura de María Reimóndez na Caseta da Libraría Andel

Comentarios pechados