Menu Xerais

Xerais pon en marcha un programa de lecturas para chegar aos máis novos. Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha noticia sobre a o programa de lecturas para chegar aos máis novos de Xerais. A iniciativa ten por obxectivo dar a coñecer novos libros ao público infantil e xuvenil mediante pequenos vídeos, que se poden visualizar na canle de Youtube

 

Xerais pon en marcha un programa de lecturas para chegar aos máis novos

A nova iniciativa da editorial básase en dar a coñecer novos libros ao público infantil e xuvenil mediante pequenos vídeos.

Co motivo do comezo de novo curso escolar 2020/2021, Editorial Xerais pon en marcha unha campaña chamada “Lecturas Xerais para aprender e divertirse“.

Esta campaña de animación á lectura pretende dar a coñecer novos libros ao público infantil e xuvenil mediante pequenos vídeos pensados para publicar nas redes sociais Twitter, Facebook, Instagram, ou mesmo para ser enviados por WhatsApp.

A boa acollida que tivo a campaña de #envozpropia, que Xerais puxo en marcha durante o confinamento e na que se recolleron 44 gravacións da lectura da primeira páxina do libro lido polo súa autora o autor, fixo que a editora siga apostando pola promoción virtual para dar a coñecer as súas novidades, como é o caso da nova campaña.

Na canle de Youtube da Editorial Xerais, pódense encontrar vídeos-presentación dos novos libros de Manuel Rivas, Ledicia Costas, Rosa Aneiros, Ramón Domínguez e Maria Reimóndez.

Os vídeos están preparados por David Rodríguez e contan con pequenas animacións das ilustracións do propio libro e, nalgún dos casos, unhas declaracións da autora ou autor.

Comentarios pechados