Menu Xerais

XI Encontro con escritores: A creación literaria e os seu autores

O  xoves, 11 de decembro,  ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade “A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores“. Este día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores XABIER PUENTE DOCAMPO e MARCOS CALVEIRO.

Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Interven como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego. Estas xornadas pretenden propiciar un diálogo literario e cultural con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Ademais de comentar textos, aproveitase a presenza dos escritores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade dentro dun ambiente distendido e participativo.

Pode seguirse a sesión por videoconferencia dende o seguinte enderezo:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=73311&ID_Sala=119977

Deixa un comentario!