Menu Xerais

Xornalismo literario aquí e agora

Miguel Anxo Fernán Vello comenta na súa columna de Galicia hoxe a aparición dos libros máis recentes de Manuel Rivas, Os Grouchos, e Suso de Toro, Outra Galiza. O poeta e editor de Espiral Maior remata así o seu comentario: “Descubran os lectores todo isto, e moito máis, nas obras de Suso de Toro e de Manuel Rivas: xornalismo literario palpitante, con alento crítico e reflexivo, sen esquecer o arrecendo do humor e o brillo da poesía”.

Comentarios pechados