Menu Xerais

Xosé Fernández Ferreiro, novo académico da RAG

O escritor Xosé Fernández Ferreiro ingresou o pasado sábado na Real Academia Galega ocupado a cadeira que deixou vacante a morte de Francisco Fernández del Riego. O autor de Agosto do 36, que naceu en Nogueira de Ramuín en 1931 centrou o seu discurso de ingreso no papel do xornalismo e dos xornalistas, baixo o título Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas, revindicando que reivindicou a vixencia do vello xornalismo que se aprendía a pé de redacción e entre os tipos de chumbo das linotipias.A contestación ao seu discurso correu a cargo de Manuel Rivas, quen asegurou que era «un día grande para a Academia, para as Letras Galegas, para a literatura e para o xornalismo». A nova do seu ingreso pode lerse en varios medios de comunicación. Foto de Efe/Cabalar.

 

Comentarios pechados