Menu Xerais

Xurados de lectores e lectoras nos premios Xerais

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a convocatoria para escoller tres persoas que desexen participar como membros dos xurados dos Premios Xerais 2015.

Xurados de lectores e lectoras nos premios Xerais

Onte en Xerais publicamos a convocatoria para escoller tres persoas que desexen participar como membros dos xurados de cada un dos nosos premios, o Xerais de novela, o Merlín de literatura infantil e o Jules Verne de literatura xuvenil. Despois de tres décadas de protagonismo nos xurados de lectores e lectoras non profesionais, en definitiva lectores e lectoras vocacionais, amantes da novela ou da literatura infantil e xuvenil, moitas veces vinculadas con actividades profesionais afastadas do sector editorial, nesta edición 2015 pretendemos profundizar nun modelo que representa a súa importancia e forza no noso proxecto editorial. Non hai dúbida que é unha incógnita para nós a acollida que pode ter este chamamento, cuxa intencionalidade é facilitar a lectores e lectoras que se presenten voluntarias poidan gozar durante dous meses unha moi intensa e complexa experiencia literaria. Cremos que este novo vieiro que onte iniciamos pode contribuír a facer máis interesante e singular os nosos certames. Agardamos respostas.

Manuel Bragado

Comentarios pechados