Menu Xerais

Xurxo Lobato, entrevistado por «A Peneira»

Con motivo da presentaicón de libro No país das vacas en Ponteareas, Xurxo Lobato foi entrevistado polo xornal A Peneira. Recollemos algunhas das respostas de Lobato:

«[A vaca] É unha das identidades do país. A vaca é unha das iconas que serven para identificarnos. Ademais é un dos totem que temos. De feito o libro pretende dignificar o noso totem. Dar a coñecer tamén o que son hoxe, que fan e como viven as vacas. Falar de vacas e falar de Galiza é falar de algo en común.»

«[Preparando este libro] Descubrín as vacas. Metínme neste tema cando vin, a través de amigos que tiñan granxas e outros traballos, que o mundo das vacas era un mundo moi descoñecido. Por exemplo de que hai a elección de “miss vaca”… Hoxe non temos a imaxe da vaca levada por unha velliña a carón da estrada… Iso xa non existe. Un amigo meu, cando se enterou de que presentaba un libro sobre as vacas, dicíame que hoxe xa non había. Nunca houbo tantas e de tantas razas! O que pasa é que están estabuladas. Son unidades de produción, sobre todo as do leite. Cada vaca ten que dar tantos litros e se non… ao matadeiro. Hai moitas vacas.»

Comentarios pechados