Menu Xerais

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, crítica entusiasta de Xulio Valcárcel

Xulio Valcárcel publica na  páxina literaria de Diario de Ferrol unha crítica entusiasta de Xuvia-Neda, o libro máis recente de Vicente Araguas. Valcárcel salienta de inicio a grata lectura dos relatos que compoñen o volume, para destacar despois a sutileza e elegancia coa que foron escritos: «Aragua stece e destece, confíos levísimos, lembranzas, emocións, sentimentos, aduviados con comentarios inxeniosos, cando non abertamente humorísticos, pero mantendo sempre un delicado equilibrio entre o real e o imaxinario, entre o enlevo poético e a melancolía que deita da sabedorái e da experiencia». Tras unha análise moi detallada da estrutura e contido do libro, Valcárcel remata deste xeito: « Araguas avanza decidido e firme no camiño trazado por Agora xa foi e A canción do verán […], cómpre engadir con non menor mérito que estes relatos o confirman como indispensable en calquera antoloxía e como un fito indiscutible da máis esixente narrativa galega».

O texto completo da crítica de Xulio Valcárcel pode baixarse en pdf aquí.

Comentarios pechados