Menu Xerais

Finalistas dos Xerais 2017

Tras un xantar no Castelo de Soutomaior, os tres xurados dos Premios Xerais 2017 declararon as obras finalistas. O xurado da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

«Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras centrará este venres o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar, coa presenza da autora

O libro Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, centrará hoxe venres 26 de maio a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura , coa presenza da autora, Andrea Maceiras. O libro está ilustrado por  Víctor Rivas e publicado na colección Merlín.

A importancia do esforzo e a honestidade xunto coa forza do amor e da amizade: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón.     «A cazadora de estrelas», de María Canosa A editorial Xerais achégalles aos lectores A cazadora de estrelas, que vén avalada por ser finalista dous anos consecutivos (2015 e 2016) do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Antía Otero: «Nunca precisamos tanto a palabra coma nestes momentos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lois Docampo á poeta Antía Otero sobre o seu libro O cuarto das abellas, Premio ao Mellor Libro de Poesía na II Gala do Libro Galego. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

As mellores frases de «Norteáns», de Mar Guerra, segundo Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha selección das frases máis interesantes da novela Norteáns, da escritora Mar Guerra, publicada na colección Fóra de Xogo.   Subliñados de NORTEÁNS (Mar Guerra, Xerais) Unha pinga solitaria a acariña a súa tempa dereita e axiña lle escapa pola meixela abaixo, primeiro  arre e logo xo. Bris arrepía (21).

Ameno, de lectura agradable, completo, para coñecer a «Carlos Casares. Vida e literatura», de Damián Villalaín. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Carlos Casares. Vida e literatura, de Damián Villalaín. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A historia dunha nena etíope con vocación de atleta contada desde a vida de Tiki Gelana: «Corredora», de María Reimóndez

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a novela Corredora, de María Reimóndez.     Corredora María Reimóndez achéganos en Corredora, publicada por Xerais, a historia dunha nena etíope que leva no sangue as ganas de correr, esas que admiramos tantas veces cando vemos as Olimpíadas e abraiámonos ante a resistencia e a velocidade que amosan.

Valores universais nunha novela de longo percorrido: «Norteáns», de Mar Guerra. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Norteáns, da escritora Mar Guerra, publicada na colección Fóra de Xogo.

Novidades: «Pequeno Dicionario Xerais da Lingua», ampliado e actualizado: 19.500 entradas, 31.500 definicións, sinónimos, frases feitas, usos, topónimos, conxugación verbal…

O Pequeno Dicionario Xerais da Lingua, ampliado e actualizado, é unha novidade da prestixiosa serie de Dicionarios Xerais. O máis exitoso dicionario de lingua galega, agora ampliado e actualizado. Unha obra ideada para a consulta básica de termos do noso idioma e óptima para o seu manexo no ámbito escolar. Novo deseño, máis atractivo e pensado para facilitar a busca da información 19.500 entradas, das cales 1.

Humor popular e retranqueiro, con limiar de Alberto Avendaño: as tiras de «Floreano», de Gogue

O xornal Novas do Eixo Atlántico publica unha información de Félix Caballero sobre o libro de tiras de humor Floreano, de Gogue, que acaba de publicar Xerais.   Gogue publica unha ampla escolma de Floreano O humor gráfico galego vén de enxendrar dúas novidades editoriais, o cal é sempre unha boa noticia: Floreano, de Gogue, e Escolma do humorismo gráfico de Moncho Borrajo.

A novela «Un home estraño», de Antonio Tizón, Premio Cidade Centenaria

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega do Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira ao escritor Antonio Tizón pola súa novela Un home estraño.     «Un home estraño», de Antonio Tizón, Premio Cidade Centenaria Asistimos onte a entrega do Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira outorgado nesta sexta edición a Antonio Tizón por Un home estraño.

Unha novela de piratas de grande calidade: «Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro», de Xosé Mª Lema. Artigo de Manuel Suárez Suárez

O xornal dixital Que pasa na Costa publicou un artigo de Manuel Suárez Suárez sobre a novela Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé Mª Lema.   O regreso da Illa do Tesouro Somos moitos os rapaces que despois de ler ao grande escritor escocés Robert L.Stevenson fixemos unha viaxe polas costas e illas do Caribe.